lunes, 17 de mayo de 2010

Don't stop

Ela nunca o deixa e demóstralle que, maila non estaren xuntos, a vida segue adiante. Con paixón ou xa sen ela, o amor e o respeto que entre ambos se profesan son a mellor menciña para a ledicia das súas almas.



¿Quérelo? ¿Queres a sua ledicia, velo feliz? Dillo. Unha, cen e mil veces. Claramente. Aínda que nunca cho pida, aínda que te repitas. A verdade, mesmo a máis dura, sempre é mellor que a dúbida, que funde a quen a padece, e denigra a quen a promove. Faino feliz. Xiquera cumpre que estés con il, so que confíe en ti. É doado, xa sabes cómo, so cumpre vontade, querer. E amor. É amor. Ti escolles...

No hay comentarios: